AcornVersation

AcornVersation nace en Carballo no 2021 como método para que adultos aprendan inglés dunha maneira divertida e sociable.

AcornVersation é unha fusión das palabras Acorn (landra, froito do Carballo) e conversation (conversación). Vén a dicir «falemos inglés en Carballo».

Método Acornversation

Falarás coas nosas profesoras (nativa ou bilingüe) e con outros compañeiros.

A conversación transcurrirá totalmente en inglés na cafetería do Pazo da Cultura de Carballo (ver ligazón a Google Maps abaixo).

Non se seguirán libros, nin se asignarán tarefas pero si se recomendarán pautas e hábitos para acelerar o proceso de aprendizaxe e chegar a ter unha conversa fluída.

Non terás que traer nada, a non ser algo de diñeiro en metálico para a abonar a túa consumición, un caderno de anotacións opcional e, sobre todo, moitas gañas de aprender.

Por certo, a vergonza queda na casa. Ninguén naceu aprendido. Se o teu nivel de fluidez non é bo, non te preocupes. Melloralo é precisamente o servizo que ofertamos!

Para quen é Acornversation?

Para adultos que queiran mellorar a súa conversa en inglés.

Con fins académicos, ben sexa por ter que preparar as probas de acceso á Escola de idiomas ou para axudar a preparar o exame de «speaking» aos alumnos da Escola de idiomas.

Con fins profesionais, para persoas que queiran mellorar o seu uso profesional do inglés.

Con fins culturais, para aquelas persoas que queiran aprender a falar inglés sen metas profesionais nin académicas.

Para nais e pais de alumnos do Pazo da Cultura (conservatorio, Escola de idiomas) que queiran aproveitar esas horas mortas.

Cando comezamos?


No último trimestre de 2021 (algún grupo xa comezou)

O primeiro grupo comezará a primeiros de outubro (algún grupo xa comezou)

Os horarios iranse abrindo seguindo a orde en que se enchan os ocos.

Comezaremos os xoves de 19:00 a 20:00 ou de 20:00 a 21:00.

Se estes horarios non te convencen, fainos chegar a túa proposta a través do noso correo electrónico ou de Whastapp ou Telegram.

As nosas profes

Suzy

Nativa

Titulada en filoloxía inglesa

Noelia

Bilingüe

Titulada en tradución en interpretación

Que tarifa che vén mellor?

  • Diaria, paga só polos días que asistas (15 €/clase)
  • Mensual, prezo rebaixado por 4 días ao més (50 €/mes)
  • Anual, mellor tarifa por 4 días ao mes durante o curso (setembro-xuño) (450 €/ano)

Anímate e proba se as clases son axeitadas para ti; a primeria é de balde!

Gustaríache saber máis? Pois suscríbete abaixo co teu correo electrónico para te poderes informar sobre os horarios dispoñibles e outro tipo de información.

Nota:

No caso de que a pandemia non permita quedar presencialmente na cafetería, a conversación transcurrirá a través dunha plataforma virtual gratuíta (whatsapp)

Localización

CONTACTO

644 59 27 70 / 622 10 85 54

644 59 27 70 / 622 10 85 54

Tamén nos podes escribir un correo electrónico a acornversation@gmail.com ou, se o prefires, cumprimentar o formulario a continuación e premer no botón «Contact us».

A icona de Acornversation foi feita por photo3idea_studio de www.flaticon.com

Crea tu sitio web con WordPress.com
Comenzar